quarta-feira, 7 de março de 2007

campanha!




6 comentários:

Olga disse...

Compañeiros, é sabido que o millo foi introducido como instrumento de dominación das masas camponesas polo Estado Español Fascista Español, contribuíndo a perpetuar a súa alienación social e mental. Ja que logo, o blogomillo debe ser refutado por exaltar un instrumento de dominación de clase, dobremente dominador por dominador e espanhol. Non máis pan de millo, máis pan de centeo.
A autarquía cultural e social é o primeiro paso para a liberación global do imperialismo burgués espanhol.
O Lider que vos vixía dende lonxe

lider disse...

É por iso que vos animo a perpetuar a campanha ata o infindo.

Pierre-Joseph disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Pierre-Joseph disse...

Un pouco triste paréceme a min este rollo de atacar ao blogomillo polo tema do nome, que non ven a outra cousa que a xa famosa expresión de "outra vaca no millo". Ainda que o nome non vos gustara compañeir@s de El Partido???, ben se pode valorar que o blogomillo é unha iniciativa 100% galega e 100% software libre.
Por outro lado, o do día 25 de xullo paréceme ben, xa que é unha imposición do galeguismo conservador-católico con forza nos anos 20; pero xa que ides de tan radicais chupiguai ultramarxistas (no 2007, por favor!!), non deixa de ser curioso que vos inclinedes por unha festa relixiosa como é o San Brais, fronte a tradicional e histórica alternativa do 17 de decembro, pero é probable que non saibades que pasou ese día xa hai máis de 500 anos, e vos vou deixar para vos o pracer de averigualo pola vosa conta.
Escoitei algo deso que chamades voceiro radiofónico e en fin...
O que non acabo de entender é que nese histriónico batiburrillo ideolóxico voso, no que parece que ides contra todo o mundo, vos metedes tanto cun anárcofilo da vosa calaña como o meu tocallo Proudhon.

Anónimo disse...

O revisionismo é unha estratexia da burguesía decadente para inflictrar a revolución mergullándoa na confusión e polo tanto desacougándoa. A nosa nación é a clase traballadora, o noso inimigo o burgués español fascista español. Escoitade ao voso lider, estamos nunha revolución permanente, a mediocridade é unha tentación agachada trala verborrea intelectual pequeno-burguesa.

Revolución, revolución, revolución...

Partido, Partido, Partido.

Nin un paso atrás, nin para tomar impulso.

Berto disse...

Querido p-j penso que estás trabucado ao ver no San Brais unha celebración católica. Si vas un pouco máis alo da simple escenografía da celebración decataraste de que no San Brais está presente o pobo traballador galego e as súas máis primixenias manifestacións: a taza de viño, o cocido e a romeria. Isto é, no San Brais maniféstase en toda a súa amplitude a Nación. Que data máis adecuada que esa para festexar a Galiza?
Sobre a túa proposta do 17 de decembro si é certo que debe ser unha data a festexar, porque non todos os días morre un tiranizida asasiño de campesiños, pero en decembro hai xa tantas festas que unha máis sería un tanto pesado.
En todo caso a pregunta fundamental a contestar (aínda no 2007 por favor) é: Por qué unha vaca?